Saltar ao contido

Circuíto de Suzuka

Circuíto de Suzuka
Plano do Circuíto
Datos
Carreiras FIA Fórmula 1
Gran Premio do Xapón
FIM Endurance World Championship
Suzuka 8 Hours
Super GT
1000 km Suzuka
Localización Xapón Suzuka, Xapón
Capacidade 155.000 espectadores
Coordenadas
Circuíto (2003–presente)
Lonxitude km 5,807
Curvas 18
Volta rápida (2019) 1:30.983
Piloto récord Lewis Hamilton
Escudería récord Mercedes
Récord ano 2019
Circuíto motociclismo (2004–presente)
Lonxitude km 5´821 - Curvas 17
Volta rápida 2:07.110[1]
Piloto récord Kousuke Akiyoshi
Escudería récord F.C.C. TSR Honda CBR1000RR
Ano Récord 2009
Circuíto leste
Lonxitude km 2.243
Curvas 7
Volta rápida 0:53.885
Piloto récord Suíza Alain Menu
Escudería récord Chevrolet
Ano Récord 2012
Circuíto oeste
Lonxitude km 3.466
Curvas 9
Circuíto orixinal (1962-1982) (sen a chicana final)
Lonxitude km 6´004
Curvas 17
Volta rápida 1:34.247
Piloto récord Aguri Suzuki
Escudería récord Ralt Fórmula 3 car
Ano Récord 1982
Vista do Circuíto
Vista

O Circuíto de Suzuka (鈴鹿サーキット Suzuka Sākitto) é un autódromo localizado en Suzuka, na Prefectura de Mie, Xapón, sede do Gran Premio do Xapón de Fórmula 1. Utilizado tamén para outros eventos do deporte do motor, trátase dun dos circuítos máis antigos e famosos do Xapón. O Circuíto de Suzuka aparece de forma consecutiva no calendario da Fórmula 1 desde 1987 e pertence a Honda.

Características

[editar | editar a fonte]

Foi deseñado polo holandés John Hugenholtz en 1962, e desde entón é coñecido como un fantástico circuíto para probas debido á súa gran variedade de curvas. O trazado ten forma de oito. É o único circuíto do calendario da F1 que ten esa configuración (cruzándose no Degner Two/130R), creando un repartimento equitativo de xiros á dereita e esquerda.

  • Capacidade espectadores: 155.000
  • Lonxitude do circuíto: 5´807 quilómetros.
  • Distancia da carreira de Fórmula 1: 53 voltas = 307´471 quilómetros. 18 curvas en total.
  • Configuración aerodinámica: alta. Velocidade máxima estimada 324 km/h con DRS, 312 km/h sen DRS
  • Aceleración a fondo:70 % do tempo de volta.
  • Tempo de freado: 10% do tempo da volta.
  • Total de combustible necesario para a distancia de carreira: 148 quilos
  • Consumo de combustible: 2´73 kg por volta.
  • Cambio de marchas por volta: 46
  • Número de zonas de freado: 9
  • Desgaste dos freos: baixo
  • Desgaste dos pneumáticos:
  • Distancia dos Boxes: 400 m. Aprox.
  • Perda de tempo nunha parada en boxes: 16´8 segundos
  • Tempo total necesario para a parada en boxes: 22 segundos (media)
  • Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): 0´385 segundos.
  • Marca volta: Kimi Raikkonen McLaren, 1.31.540 en 2005

Deseñado como unha pista de probas de Honda en 1962 polo holandés John Hugenholtz, Suzuka é un dos poucos circuítos no mundo en ter un trazado deseñado en forma de "8". Naturalmente, non existe intersección algunha na pista, senón que unha sección da pista pasa por encima da outra por medio dunha ponte.

O circuíto modificouse tres veces:

En 1983 instalouse unha chicane na última curva para frear os coches na recta de boxes e a curva de Degner converteuse en dúas curvas en lugar dunha longa curva, o circuíto tamén se fixo moito máis seguros no ano 1983 mediante a adición de máis barreiras de seguridade, máis zonas de escape e a eliminación das pacas de palla;

En 2002, a chicane foi lixeiramente modificado, a curva 130R (marcado como 15 no diagrama) tamén foi modificada e algunhas das curvas en S (3, 4, 5, 6) fíxeronse un pouco máis rectas e máis rápidas;

En 2003, a chicane fíxose un pouco máis rápida e máis preto da 130R.[2]

O circuíto pódese utilizar en tres configuracións, o circuíto completo, ou as configuracións "Suzuka leste" ou "Suzuka oeste". A parte "Leste" da pista consiste na recta de boxes e a primeira metade da curva Dunlop (curva 7), antes de dirixirse de novo á recta de boxes a través dunha estreita curva a dereitas. A pista "Oeste" componse da outra parte do circuíto, incluíndo a ponte do cruzamento.

A curva de Degner foi nomeada así en honra de Ernst Degner.

Suzuka ten unha longa historia de carreiras de F1 apaixonantes; sendo tradicionalmente a última ou antepenúltima carreira do campionato, moitos títulos de pilotos e construtores foron decididos neste circuíto. Grandes duelos e espectáculos vivíronse neste circuíto como os que protagonizaron Ayrton Senna e Alain Prost en 1989 e 1990, ou Satoru Nakajima en 1988.

A seguridade do circuíto foi seriamente cuestionada tras dous importantes accidentes en 2002 e 2003. No 2002, o piloto de Toyota F1 Allan McNish sufriu un accidente a altas velocidades na curva 130R, no cal atravesou unha cerca de metal. McNish resultou ileso, aínda que non volveu a competir na Fórmula 1 desde entón. En cambio, o accidente de 2003 tivo un saldo tráxico: o piloto de MotoGP Daijiro Kato perdeu a vida tras impactar contra un muro de formigón nunha chicane. Ambas as seccións da pista foron modificadas tras estes feitos.

A serie NASCAR pasou por este autódromo en 1996 e 1997. Na proba de 1996, produciuse un feito tráxico ao perder a vida do condutor do automóbil de seguridade, Elmo Langley, como consecuencia dun paro cardíaco.

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Suzuka

[editar | editar a fonte]
Ano Piloto Construtor Motor Pneus. Tempo lonxitude Voltas Ø-Tempo Data GP do
1 1987 Austria Gerhard Berger Ferrari Ferrari G 1:32:58,072 h 5,859 km 51 192,847 km/h 1. novembro Xapón
2 1988 Ayrton Senna McLaren Honda G 1:33:26,173 h 5,859 km 51 191,880 km/h 30. outubro
3 1989 Italia Alessandro Nannini Benetton Ford G 1:35:06,277 h 5,859 km 53 195,907 km/h 22. outubro
4 1990 Nelson Piquet Benetton Ford G 1:34:36,824 h 5,859 km 53 196,923 km/h 21. outubro
5 1991 Austria Gerhard Berger McLaren Honda G 1:32:10,695 h 5,864 km 53 202,298 km/h 20. outubro
6 1992 Italia Riccardo Patrese Williams Renault G 1:33:09,553 h 5,864 km 53 200,168 km/h 25. outubro
7 1993 Ayrton Senna McLaren Ford G 1:40:27,912 h 5,864 km 53 185,612 km/h 24. Oktober
8 1994 Damon Hill Williams Renault G 1:55:53,532 h 5,864 km 50 151,796 km/h 6. novembro
9 1995 Alemaña Michael Schumacher Benetton Renault G 1:36:52,930 h 5,864 km 53 192,476 km/h 29. outubro
10 1996 Damon Hill}} Williams Renault G 1:32:33,791 h 5,864 km 52 197,656 km/h 13. outubro
11 1997 Alemaña Michael Schumacher Ferrari Ferrari G 1:29:48,446 h 5,860 km 53 207,497 km/h 12. outubro
12 1998 Finlandia Mika Häkkinen McLaren Mercedes B 1:27:22,789 h 5,864 km 51 205,355 km/h 1. novembro
13 1999 Finlandia Mika Häkkinen McLaren Mercedes B 1:31:18,785 h 5,864 km 53 204,086 km/h 31. outubro
14 2000 Alemaña Michael Schumacher Ferrari Ferrari B 1:29:53,435 h 5,864 km 53 207,316 km/h 8. outubro
15 2001 Alemaña Michael Schumacher Ferrari Ferrari B 1:27:33,298 h 5,859 km 53 212,665 km/h 14. de outubro
16 2002 Alemaña Michael Schumacher Ferrari Ferrari B 1:26:59,698 h 5,821 km 53 212,645 km/h 13.outubro
17 2003 Rubens Barrichello Ferrari Ferrari B 1:25:11,740 h 5,807 km 53 216,612 km/h 12. outubro
18 2004 Alemaña Michael Schumacher Ferrari Ferrari B 1:24:26,985 h 5,807 km 53 218,525 km/h 10. outubro
19 2005 Finlandia Kimi Räikkönen McLaren Mercedes M


1:29:02,212 h 5,807 km 53 207,267 km/h 9. outubro
20 2006 España Fernando Alonso Renault Renault M


1:23:53,413 h 5,807 km 53 219,983 km/h 8. outubro
Non celebrado
21 2009 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull Renault B 1:28:20,443 h 5,807 km 53 208,900 km/h 4. outubro
22 2010 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull Renault B 1:30:27,323 h 5,807 km 53 203,949 km/h 10. outubro
23 2011 Jenson Button McLaren Mercedes P 1:30:53,427 h 5,807 km 53 203,171 km/h 9. outubro
24 2012]] Alemaña Sebastian Vettel Red Bull Renault P 1:28:56,242 h 5,807 km 53 207,430 km/h 7. outubro
25 2013 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull Renault P 1:26:49,301 h 5,807 km 53 212,123 km/h 13. outubro
26 2014 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:51:43,021 h 5,807 km 44 137,065 km/h 5. outubro
27 2015 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:28:06,508 h 5,807 km 53 209,381 km/h 27. setembro
28 2016 Alemaña Nico Rosberg Mercedes Mercedes P 1:26:43,333 h 5,807 km 53 216,655 km/h 9. outubro
29 2017 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:27:31,193 h 5,807 km 53 210,789 km/h 8. outubro
30 2018 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:27:17,062 h 5,807 km 53 211,358 km/h 7. outubro
31 2019 Finlandia Valtteri Bottas Mercedes Mercedes P 1:21:46,755 h 5,807 km 52 221,326 km/h 13. outubro
- 2020 Cancelados pola Pandemia de COVID-19
- 2021
32 2022 Países Baixos Max Verstappen Red Bull RBPT P 3:01:44.004h 5,807 km 28 53´583 km/h 9. outubro
33 2023 Países Baixos Max Verstappen Red Bull Honda RBPT P 1:30:58.421 h 5,807 km 53 202,787 km/h 24. setembro
34 2024 Países Baixos Max Verstappen Red Bull Honda RBPT P 1:54:23.566 h 5,807 km 53 km/h 7. abril

Record: M.Schumacher (6 Veces)

  1. "2009 All-Japan Road Race Championship, Round 2". motoracing-japan.com. Moto Racing Japan. Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2009. Consultado o 2010-10-12. 
  2. "Suzuka: new chicane and 130R". etracksonline.co.uk (e-Tracks). 2 de febreiro de 2003. Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2011. Consultado o 21 de setembro de 2011. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]